Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El camino del fuego» de María Oruña

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o 1 de agosto a presentación do libro El camino del fuego, de María Oruña. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e contará coa presenza da autora e da blogueira e xornalista Tensi Gesteira.

SINOPSE: Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo.

Ao tempo, viaxaremos ao Aberdeen do século XIX para coñecer a historia de paixón prohibida e libros entre a moza Mary McLeod, de boa familia, e Jules Berlioz, un libreiro cun pasado difícil, cuxo misterio sobrevive até os nosos días.

Na quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ María Oruña proponnos unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.