Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El amo» de Santiago Díaz

A Libraría Miranda organiza o 6 de xullo a presentación do libro El amo, de Santiago Díaz. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Unha fría mañá de inverno o cadáver dunha adolescente aparece nunha parada de autobús do extrarradio madrileño. O equipo do inspector Iván Moreno e do subinspector Jotadé Cortés, o único policía xitano da súa comisaría, descobre que se trata dunha moza desaparecida misteriosamente atrás e que foi asasinada ao dar a luz. É a última dunha longa lista de secuestradas ás que mataron despois de seren nais.

Jotadé ten que enfrontarse a este novo caso mentres atravesa unha crise con Lola, a súa parella, e intenta ao mesmo tempo axudar a Lucía, que lidia cun novo incidente no centro de menores onde agora reside. Cando outra moza desaparece, Jotadé terá que deixarse guiar pola súa extraordinaria intuición e mirar no seu entorno máis próximo, onde dende hai anos se agocha unha verdade terrible.