Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro e charla «Bueu. Alcaldes para un pobo 1812-2024»

Evento xa rematado

O 16 de maio, o investigador local Arturo Sánchez Cidrás impartirá unha charla sobre os alcaldes de Bueu dende o 1812 ata o 2024, nun acto que será ás 20.00 horas no Centro Social do Mar, e no que fará un percorrido histórico e humano das figuras que tiveron ao longo do tempo a responsabilidade de xestionar o goberno da vila de Bueu.