Presentación libro: «Dominando el dolor» de Marta Rial Vidal
Evento xa rematado
-
Data
23 marzo, 2023
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá este xoves, 23 de marzo, a presentación do libro «Dominando el dolor» de Marta Rial Vidal. O acto terá lugar ás 19 horas e contará coa autora e tamén co libreiro Fernando Miranda.
SINOPSE: despois de moitos meses de malestar físico e psicolóxico, Sam terá que enfrontarse ao diagnóstico da súa nova enfermidade: a fibromialxia. Non obstante, semellante noticia causaralle unha dor emocional tan insoportable e incapaz de xestionar que desencadeará o seu intento de suicidio. O seu marido, os seus pais, a aparición da súa nova mascota e certos cambios nos seus hábitos e rutinas suporán as claves para a recuperación, aceptación e resignación da nova enfermidade.