Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Das viaxes maiúsculas» de Domingo Tabuyo

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 12 de febreiro a presentación do libro Das viaxes maiúsculas, de Domingo Tabuyo. O acto, que se celebrará ás 19.00 h na Sala Domínguez Búa, contará coa participación dos tamén escritores Ramón Caride Ogando e Cristina Corral Soilán.

O poemario recolle reflexións e experiencias. Unha voz que vai medrando ao longo do camiño. Vivir é camiñar e dalgunha forma, o camiño é unha metáfora da vida. Sentir, descubrir, recuperar memorias e medrar na reflexión íntima e enriquecedora, e sempre compartindo afectos, emocións e sentidos coas persoas coas que dende o amor e dende a complicidade, percorren con nós todos os camiños.