Presentación libro: «Cando os bosques sintan frío» de Charo Valcárcel
Evento xa rematado
-
Data
29 agosto, 2022
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 29 de agosto ás 20.30 horas a presentación do libro Cando os bosques sintan frío, de Charo Valcárcel. O acto, que terá lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, será conducido por Xaime Toxo, escritor e presidente do Ateneo de Pontevedra.
SINOPSE: Extracto do prólogo de Antón Riveiro Coello: “Cada verso deste libro é un intre intenso que deixa unha pegada, un rastro, unha configuración, a formación dunha identidade porque o libro é a suma ordenada dunha vida na que hai un inventario de perdas, mais tamén un canto emocionado á amizade, ao tempo ou á familia, con versos que soben da infancia, que adxectivan o silencio, que son un mergullo para os sentidos, que nos levan cara ao azul esperanza, o eterno azul, o azul dos soños e dos días.”