Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Cadea de favores» de Rober Cagiao

A Libraría Miranda organiza o 24 de agosto a presentación do libro Cadea de favores, de Rober Cagiao. O acto terá lugar ás 21 horas no Centro Social do Mar e contará coas intervencións de Elena Filgueira e Eva Cameán.

SINOPSE: dous asasinatos sinmultáneos conmoven o país: Abdul Sarrán, voceiro da comunidade musulmá en Galicia, aparece morto baixo a fachada do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Á mesma hora, o seu irmán Mohammed é asasinato na Cuesta del Rey Chico, aos pés da Alhambra. A inspectorea Bibiana Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte viaxan a Granada para descubrir a conexión entre ambos crimes. O que atopan alí é moito máis escuro do que imaxinaban: unha rede de favores que une a descoñecidos e que parece coñecer moi ben os desexos máis ocultos das súas vítimas.