Presentación libro: «Bocados matemáticos» de Paulo Ogando
Evento xa rematado
-
Data
24 marzo, 2022
-
Hora
8:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda de Bueu organiza o xoves 24 de marzo a presentación do libro Bocados matemáticos de Paulo Ogando. O acto, que terá lugar ás 20.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, contará coa presenza de Miguel Quiroga.
SINOPSE: As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de aplicacións das matemáticas. Algunha delas é ben insospeitada e incluso pode producir abraio. A ciencia leva a formular preguntas porque sen preguntas non hai respostas. Bocados matemáticos dá respostas, fomenta a curiosidade e persegue que se perda o medo a facer uso das matemáticas.