Presentación libro: Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira
Evento xa rematado
-
Data
15 junio, 2018
-
Hora
8:00 pm - 9:00 pm
-
Axencia de Lectura de Meiro
Meiro, 131 - 36938 - Bueu (Pontevedra)
A Axencia de Lectura de Meiro organiza o 15 de xuño, a partir das 20.00 h , a presentación do libro Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira, Premio da Crítica Española de narrativa galega. No acto intervirán ademais Dani Chapela, voluntario da Axencia de Lectura, e Fernando Miranda, libreiro.
SINOPSE:
Neste libro de Emma Pedreira hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor.
Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos. Libros polos que matar e polos que vivir.
Libros que dan a vida e a quitan. Personaxes nos lindes da razón que atopan na lectura, nas letras, nas semánticas máis estrañas, a súa razón de ser ou un motivo para mandar. Unha proposta literaria de Emma Pedreira, unha das autoras con máis proxección da literatura galega actual.