Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Astillas en la piel» de César Pérez Gellida

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza a presentación do libro Astillas en la piel de César Pérez Gellida, que terá lugar o 22 de xuño ás 21.00 horas. No acto, que se celebrará na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, estarán o autor e o libreiro Fernando Miranda.

SINOPSE: dous amigos da nenez cunha débeda pendente. Un reencontro forzado na amurallada localidade de Urueña. Álvaro, un exitoso escritor, e Mateo, un crucigramista en números vermellos, acabarán atrapados no caótico trazado medieval da vila. Ambos serán parte dun macabro xogo no que a sede de vinganza levaraos a tomar decisións que condicionarán as súas vidas no caso de que algun logre superar a xornada. Astillas en la piel é un absorbente thriller no que se confirma que César Pérez Gellida é o auténtico mago do engano das nosas letras. Unha novela cunha trama adictiva e asfixiante ao máis puro estilo cinematográfico e ao servizo da literatura de calidade.