Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: As cinzas de Pasolini

Evento xa rematado

O 13 de abril, ás 20.30 horas, a Sala Amalia Domínguez acolle a presentación do libro As cinzas de Pasolini, de Xosé M. Millán Otero. O acto, organizado pola Libraría Miranda, contará coa presenza dos poetas morracenses Lucía Novas e Xosé Daniel Costas.

SINOPSE: A maquinaria da cinematografía ponse en marcha, os personaxes están no seu lugar e comeza a acción. Millán actúa en cada verso, armou un poema de amor coas cinzas do mundo, construíu un continuo de imaxes e fainas pasar creando o movemento primeiro. Fai pasar diante nosa a vida e os versos convértense en fotogramas.