Presentación libro: As catro estacións do relato audiovisual

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o 15 de febreiro a presentación do libro «As catro estacións do relato audiovisual» de Carlos A. López Piñeiro. O acto, que terá lugar ás 20.30 h na Biblioteca Municipal Torrente Ballester, contará coa intervención do tamén escritor e profesor Salvador Castro Otero.

SINOPSE: O libro presenta un estudo do relato audiovisual como medio de expresión de finalidade estética, para o que se basea nunha mostra de 381 películas representativas de 75 anos de cine sonoro no mundo e se materializa no estudo dos recursos e mecanismos expresivos empregados nelas.