Presentación libro: «Árbores que non arden»
Evento xa rematado
-
Data
27 diciembre, 2019
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 27 de decembro, ás 20.30 h, a presentación do libro Árbores que non arden, un libro conxunto publicado por Catro Ventos e no que atopamos un artigo da arquitecta bueuesa María Novas. O evento terá lugar en Argo Navis.
SINOPSE: Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais é unha publicación colectiva que reúne experiencias do activismo e o traballo diario, textos divulgativos e académicos, recursos didácticos, ilustración e poesía para dar o coñecer o papel decisivo das mulleres na prevención dos lumes e a xestión dos montes e do territorio en Galicia e Portugal. Como proxecto colectivo, participan nel o equipo Batefogo na concepción e documentación, diversas autoras nos textos, Cestola na Cachola na ilustración e Catro Ventos na edición.
Acceso á web de Catro Ventos.