Presentación libro: «Antártida» de Valentín Carrera
Evento xa rematado
-
Data
20 agosto, 2020
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda de Bueu organiza o xoves 20 de agosto a presentación do libro Antártida, de Valentín Carrera. No acto, que terá lugar ás 21.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, participarán tamén Arturo Sánchez Cidrás e Xosé Fortes.
SINOPSE: En 1986 o autor embarcouse como único xornalista na primeira expedición científico-pesqueira española á Antártida, aventura que lle abriría a España as portas do Tratado Antártico. Trinta anos despois, Valentín Carrera regresa a bordo dos buques Sarmiento de Gamboa e Hespérides, na que sería a expedición número 30, auspiciada polo Comité Polar Español. Cinco meses, entre novembro de 2016 e marzo de 2017, nos que cruzou seis veces o Paso de Drake, e visitó as Illas do Rei Jorge, Decepción, Livingstone, da Media Luna e numerosos lugares do Continente Antártico.