Presentación libro: «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos»
Evento xa rematado
-
Data
29 junio, 2022
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Asociación de Amigos de Johan Carballeira organiza o 29 de xuño a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera. O acto, que terá lugar ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, contará coa presenza de Félix Juncal, alcalde de Bueu, e de Xosé Novas, da Asociación de Amigos de Johan Carballeira.
SINOPSE: Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.
Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.
Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.