Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: ‘A vida secreta de Úrsula Bas’ de Arantza Portabales

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o 11 de xuño a presentación do libro A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales, un acto que terá lugar ás 20.00 h no Centro Social do Mar e no que a autora estará acompañada de Mercedes Corbillón e Arturo Ponte.

SINOPSE: Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza,
paixón e violencia.

Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.