Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A soidade selénica» de Juan Parcero

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o xoves 28 de abril a presentación do libro A soidade selénica, do escritor moañés Juan Parcero. No acto, que terá lugar ás 20 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, acompañarán ao autor Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu, e Tensi Gesteira, xornalista e fundadora do blog literario Lecturafilia.

SINOPSE: A Terra é un océano esférico. A pouca terra firme que queda está poboada por dous bandos que manteñen unha tensión voraz. O medo é tan abundante como a auga salgada. O único que pode evitar a desaparición da humanidade é a exploración e terrificación doutros planetas. Pero antes debe pasarse pola proba da supervivencia na Lúa: o silencio, o descoñecido, a soidade.

Loia chega ao Mar de Aluminio armada coa súa curiosidade e a súa capacidade para amar, arrastrando un pasado tenebroso e un futuro incerto. Os xemelgos que a acollen deberán preparala para unha nova realidade: unha verdade ditada por un Senado todopoderoso.