Presentación libro: «A saga das curandeiras» de Marisa Castro
Evento xa rematado
-
Data
28 enero, 2023
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o sábado 28 de xaneiro a presentación do libro A saga das curandeiras, de Marisa Castro. No acto, que será ás 19.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, intervirán a autora e a editora Laura Rodríguez.
SINOPSE: A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber. Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.