Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A rienda suelta» de Xosé Fortes

Evento xa rematado

A Sala Amalia Domínguez Búa acolle o venres, 22 de novembro, ás 20.00 h, a presentación do libro A rienda suelta de Xosé Fortes. Neste acto, organizado pola Libraría Miranda, tamén participará Xabier Fortes, xornalista e fillo do escritor.

SINOPSE: A rienda suelta conta as lembranzas dos primeiros anos de vida de Xosé Fortes, fala de eguas libres que cruzan a montaña, de paraugueiros que agasallan silbatos aos nenos e nenas, de mestres de escola, de foraxidos, de nenas enfermas, da amizade e dos soños, da forma na que é capaz de sobrevivir un neno a todas as catástrofes coa imaxinación… Dalgunha forma este libro é tamén o percorrido por un territorio e un tempo desaparecidos no que Galiza era un confín do mundo perdido despois dunha guerra no que se cruzan a pobreza e o orgullo, a liberdade e a imaxinación.