Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A parte fácil» de Ismael Ramos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 6 de maio a presentación do libro A parte fácil, de Ismael Ramos, que terá lugar ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social, e na que tamén participará a poeta bueuesa Míriam Ferradáns.

SINOPSE: As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen A parte fácil aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes…A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.