Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A illa dos deuses» de Serafín Parcero

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o luns 19 de xullo a presentación do libro A illa dos deuses, que terá lugar ás 21.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso «Alba de groria» nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons.