Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro ‘A escola pública en Bueu’ e charla de Arturo S. Cidrás

Evento xa rematado

O 15 de maio, o historiador e mestre local Arturo S. Cidrás presentará no Centro Social do Mar ás 20.00 h o libro A escola pública en Bueu, un percorrido pola historia do ensino público na vila morracense, con datos históricos e fotografías de arquivo, e que se agasallará ás persoas asistentes. Cidrás dedica este libro “ao alumnado, nais-pais e profesorado que me acompañaron no meu camiñar pola docencia e dos que tanto recibín”.

Nel faise unha cartografía sobre a travesía do ensino público en Bueu. O libro recolle a experiencia das escolas públicas de instrucción primaria de Bueu, nas que tamén se recollen os centros de Ermelo, Meiro e Portela, e O Valado; das de Beluso, con Bon, Praia de Beluso, Cabalo e Curraces; das de Cela, e das de Ons, e outras que xurdiron ao longo da historia. Arturo Sánchez exerceu durante trinta e seis anos de docente de múltiples xeracións de alumnos e alumnas o que, unido ao seu afán investigador, lle serve de base para este estudo.