Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A culpa» de María Solar

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o próximo 20 de xaneiro a presentación do libro A culpa, de María Solar. O acto, que terá lugar ás 19 horas no Centro Social do Mar, contará coa presenza da autora e de Marta Gómez, xornalista e directora do Zigzag Diario.

SINOPSE:

Premio Xerais de Novela, 2022

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador.Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa. Con «A culpa» María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.