Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «A casa do Paralelo 54» de Iria Collazo

Evento xa rematado

A Axencia de Lectura de Meiro acolle o 30 de abril, ás 20 h, a presentación do libro A casa do Paralelo 54, da autora residente en Moaña Iria Collazo. No acto estarán presentes a autora, a ilustradora Luz Beloso e o colaborador cultural Daniel Chapela.

SINOPSE: Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites, onde as cousas máis raras suceden coma se fosen nomais. Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre. Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas…