Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «70º Norte» de Xaime Toxo

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o 3 de novembro a presentación do libro 70 º Norte, de Xaime Toxo. No acto, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, acompañarán ao autor Inés Volpe, axente literaria, e Arturo Sánchez Cidrás.

SINOPSE: O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento.

Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza tan implacable como imprescindible.

A Colonia é como denominan o campamento nómade onde viven. Moverse cara ao norte non é unha opción, senón unha condición de supervivencia.

A miles de quilómetros do ruído das urbes, o destino da especie humana está en saberse unha parte máis do planeta que habita.