Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: 1.306/36, de Fernando Salgado

Evento xa rematado

A Asociación de Amigos de Johán Carballeira organiza o 14 de febreiro a presentación do libro 1.306/36, de Fernando Salgado. No acto, que se celebrará ás 20.00 h na Sala Domínguez Búa, estarán presentes Manuel A. Mosteiro, presidente da asociación, Pepe Novas, secretario, e Fernando Salgado, o autor.

A obra aborda a historia do avó do autor, Pancho Varela (Cerdedo 1898), activista político durante a Segunda República que acabou fusilado en Pontevedra o 27 de xullo do 1937 despois de estar preso na Escola Normal de Pontevedra e na Illa de San Simón.