Presentación e contacontos: ‘As formiguiñas filandeiras»
Evento xa rematado
-
Data
5 junio, 2021
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
O Parque Ramal dos Galos acollerá o próximo sábado, 5 de xuño, unha presentación e contacontos arredor do libro As formiguiñas filandeiras de Victoria García. No acto, que a Libraría Miranda organiza ás 12.00 h, participará a autora e Macu Rodríguez, mestra do CEIP Plurlingüe A Pedra.
SINOPSE: As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras.
Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.