Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación disco: «Victoria da luz, unha homenaxe a María Victoria Moreno» de Xardín Desordenado

Evento xa rematado

O dúo Xardín Desordenado presenta o 8 de decembro o seu disco «Victoria da luz, unha homenaxe a María Victoria Moreno» nun acto que se celebrará ás 12.00 h na Axencia de Lectura de Meiro.

Na obra poética de María Vitoria Moreno, os músicos de Xardín Desordenado atopan a luz de Extremadura, onde transcorreu a súa infancia; o seu respecto de filóloga pola esencia das palabras; a súa vocación pola docencia; a súa entrega aos/ás adolescentes; e a súa actitude vital de ” snob insurrecta” (como lle gustaba definirse).

Os textos que compoñen o disco “Victoria da luz” son:

1.- eu quixera

2.- díptico gramatical

3.- duns folios que foron brancos

4.- único amor

5.- camiñantes

6.-escribo no mencer

7.-nana para begoña

8.- tren de pesares