Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación da revista Aunios de PineirÓns

Evento xa rematado

A Asociación Cultural PineirÓns organiza o sábado 12 de maio, ás 12.30 h, a presentación da revista Aunios, nun acto que se celebrará no Museo Massó e no que intervirán Celestino Pardellas, presidente do colectivo, e Arturo Sánchez Cidrás, historiador local da vila bueuesa.

A nova publicación trata temas relacionados coa historia e a cultura da Illa de Ons, con diversos artigos, como: «Defensa da Illa», de Celestino Pardellas, «As mulleres como motor de cambio» de Manuel Dopazo, e tamén haberá outros sobre os illeiros ou os topónimos de Curro e Corrubedo.