Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación da páxina web de APOI

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acolle o 30 de agosto unha presentación da páxina web do APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade), ás 20.30 horas. Esta actividade insírese na programación das Xornadas Etnográficas do Morrazo.

O APOI alberga contido relevante para músicos, investigadores, educadores e todo tipo de persoas que queiran coñecer as tradicións de Galicia. Os fondos do arquivo medran continuamente (a día de hoxe, máis de 1300 obxectos entre cintas dixitalizadas de audio e vídeo e gravacións dixitais en orixe), e conforme se van documentando e, no seu caso, estudando, publícanse parcialmente ou íntegros na base de datos en Rede (remodelada no 2017: http://apoi.museodopobo.gal).
A día de hoxe están dispoñibles en Rede máis de 400 cortes de cantigas e melodías instrumentais, coa transcrición duns 300 textos e 200 partituras e análises musicais. O ano pasado abriuse a rama etnográfica xeral do arquivo, con recollas de entrevistas, entroidos, teatro popular etc.
Na presentación contaremos coa presencia de Concha Losada e/ou o etnomusicólogo e pedagogo Sergio de la Ossa, que nos achegarán aos contidos do arquivo (gravacións destacadas de audio e de vídeo con música e baile, partituras ou fotografías) e, principalmente, ao funcionamento da súa base de datos (exploración, busca simple e avanzada).