Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Performance «A última cea»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu programa diversos actos para o 25 de Novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas. Ese día poderase ver ás 12.30 horas a performance «A última cea», que será interpretada por Uxía Morán na Praza Massó.

Con esta peza búscase achegar, a través do xogo das imaxes corporais, musicais, da danza, do corpo… á realidade que viven miles de mulleres dentro dos seus fogares, en silencio. A última cea, o último baile, a última respiración… Unha muller camiño do altar, camiño dun futuro idílico que se transforma nun pesadelo. Violencia, sangue, berros, golpes. A derradeira viaxe antes da morte ou mesmo de dar o gran paso. Saír. Queda á libre elección de quen asiste como espectador/a.

Uxía Morán é unha actriz licenciada pola Escola de Arte Dramático de Madrid, traballa para o público adulto con performances, cine, danza e teatro; tamén desenvolve cracións para as crianzas a través dos contracontos.