Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiros infantís «Paxaro de Mal Agoiro»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza os obradoiros infantís «Paxaro de Mal Agoiro» que terán lugar o luns 28 de febreiro, o martes 1 de marzo e o mércores 2 de marzo na carpa da Praza Massó.
Nestas actividades, cuxo horario será de 10.00 a 13.00 horas, o artista local Tino Resille ofrecerá xogos arredor desta festa tradicional e elaborarase o recoñecido como “Paxaro de Mal Agoiro”, figura mítica no Entroido bueués. Poderán participar nenos e nenas de 7 a 13 anos, e cumpriranse con todas as medidas da Covid-19.

Formulario de inscrición