Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiros didácticos do Museo Massó no Festival Art For Change

Evento xa rematado

O Museo Massó organiza o sábado 30 de abril dous obradoiros didácticos para a rapazada, cos que colaboran no Festival Art for Change que promoven o IES Johan Carballeira e o Concello de Bueu.

O primeiro deles, titulado «O canto das baleas», celebrase ás 17 horas, e nel poderán participar nenos e nenas de 4 a 6 anos; e o segundo, «A balea», será ás 18 horas para a cativada de 6 a 10 anos. Para participar neles deberase facer inscrición previa no teléfono 886151101 ou no correo electrónico museo.masso@xunta.gal.