Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiros de alfombristas

Evento xa rematado

A Asociación Cultural das Alfombras de Bueu organiza un obradoiro de alfombristas, destinado a aprender a todas as persoas interesadas a confeccionar tapices florais. Segundo avanzan dende a Asociación, os talleres terán lugar no Centro Social do Mar os martes e venres de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social do Mar entre o 6 e o 23 de marzo. 
A actividade, totalmente gratuíta, precisa de inscrición previa ou ben no Centro de Asociacionismo (CDA) ou na tenda Regalía, e poderán participar ata unha vintena de persoas. 
Esta iniciativa forma parte da programación anual da Asociación, que xa está preparando a axenda de eventos para a Festa do Corpus e outras efemérides nas que as alfombras serán protagonistas.