Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro «Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais»

Evento xa rematado

A Asociación Galega de Cooperativas Alimentarias, en colaboración con diversas entidades, organiza do 24 ao 28 de xuño uns obradoiros de «Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais», que se celebrarán na Sala Amalia Domínguez Búa entre as 16 e as 19 horas.

Ao longo destas xornadas trataranse temas como: iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común, a gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes, a fiscalidade das comunidades de montes, a titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común, e instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

Na ligazón inferior podedes descargar o programa completo:

Programa Obradoiro CCMMVV Bueu