Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro familiar «Os animais de Udra e os seus Rastros»

Evento xa rematado

O 5 de agosto, ás 11 horas, o Concello de Bueu organiza na Aula da Natureza de Cabo Udra o obradoiro familiar “Os animais de Udra e os seus Rastros”, no que os nenos e nenas a partir de 4 anos poderán participar nunha charla participativa acerca dos animais que habitan en Udra, como a lontra, o teixugo, os corvos mariños, a foiña, o raposo, os xabaríns ou os coellos, ademais de elaboralos en arxila.

A actividade require de inscrición previa na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN OBRADOIRO FAMILIAR «OS ANIMAIS DE UDRA E OS SEUS RASTROS»