Obradoiro de poesía e mar con Míriam Ferradáns
Evento xa rematado
-
Data
10 noviembre, 2018
-
Hora
10:00 am - 7:30 pm
A poeta bueuesa Míriam Ferradáns será a encargada de impartir un obradoiro sobre poesía e mar o 10 de novembro no Estaleiro de Purro. Esta actividade, fomentada pola Deputación de Pontevedra, pretende unir a poesía cun elemento tan noso como o mar.
O obradoiro «De brea a mar» celebrarase en horario de 10 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse de balde no enderezo oficina@aelg.org ou chamar ao teléfono 981 133 233 en horario de mañá.