Obradoiro de orientación laboral para mulleres
Evento xa rematado
-
Inicio
24 mayo, 2018
10:00 am -
Fin
28 junio, 2018
11:00 am
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza un obradoiro de Orientación laboral de seis horas de duración, que será impartido pola psicóloga do CIM e dirixido a mulleres do Concello de Bueu que precisen mellorar ás súas competencias á hora de realizar unha busca de emprego máis efectiva. Entre os contidos que se van tratar están a redacción dunha carta de presentación e a elaboración dun currículum, así como o adestramento axeitado para a preparación de entrevistas na selección de persoal.
Os obradoiros desenvolveranse os días 24 e 31 de maio, e 7,14,21 e 28 de xuño nas dependencias do CIM.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través do correo electrónico psicologacim@concellodebueu.gal ou no teléfono 986 32 43 95.