Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de ánforas no Museo Massó

Evento xa rematado

O Museo Massó organiza o sábado 25 de agosto, ás 11.30 horas, un obradoiro de ánforas para maiores de 8 anos e menores acompañados. Esta actividade estará impartida polo estudio de cerámica Alén das olas, e centrarase no proceso de elaboración das ánforas romanas para que cada participante poida modelar a súa propia.

A inscrición é gratuíta e deberá facerse a través do teléfono 886 151 101 ou no correo museo.masso@xunta.gal.