Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de ánforas no Museo Massó

Evento xa rematado

O Museo Massó organiza o sábado 24 de agosto un obradoiro de ánforas, que terá lugar ás 11.30 h e no que poderán participar maiores de 8 anos e menores acompañados. A actividade, impartida polo Estudio de Cerámica Alén das Olas, centrarase no proceso de elaboración das ánforas romanas e no que cada participante modelará a súa propia peza cerámica.