Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de alfombrismo

Evento xa rematado

A Asociación Cultural das Alfombras de Bueu organiza un obradoiro de alfombristas, destinado a aprender a todas as persoas interesadas a confeccionar tapices florais. Segundo avanzan dende a Asociación, os talleres terán lugar no 1º andar do Centro Social do Mar os mércores e venres de 16.30 a 18.30 horas no Centro Social do Mar, e comezan o 24 de abril.

A actividade, totalmente gratuíta, precisa de inscrición previa na tenda Regalía, e poderán participar ata unha vintena de persoas.

Esta iniciativa forma parte da programación anual da Asociación, que xa está preparando a axenda de eventos para a Festa do Corpus e outras efemérides nas que as alfombras serán protagonistas.