Obradoiro das aves do Litoral de Bueu

Evento xa rematado

A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle o 20 de abril ás 17 h un obradoiro de aves do Litoral de Bueu. Nesta actividade, os nenos e nenas aprenderán a debuxar de xeito científico unha píllara das dunas, especie de ave que aniña nas dunas das nosas praias e que foi elixida ave do ano no 2019. A través da pintura, aprenderán a fixarse nos pequenos detalles que lles permitirán identificar á especie, ademais dalgunhas curiosidades sobre a mesma.