Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra de teatro: «Un home con lentes de pasta» de Redrum Teatro

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acolle o xoves 10 de novembro, a obra de teatro “Un home con lentes de pasta”, de Redrum Teatro, da que se poderá gozar a partir das 20.30 horas, con entrada de balde ata completar aforo. Esta obra, que se insire no programa “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra, conta a historia de Sheyla, unha muller que acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir; e para iso traerán cear a Guillerme, un poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos.

TRÁILER