Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra de teatro «Ollos sobre o mar»

Evento xa rematado

  • A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social do Mar con entrada de balde ata completar aforo

O Centro Social do Mar acollerá este sábado, 2 de febreiro, a obra de teatro “Ollos sobre o mar”, que será representada ás 20 h pola compañía canguesa Mar Aberto e con entrada de balde ata completar aforo.

A obra, dirixida por Zé Paredes e Mónica Camaño, conta as lendas e historias relacionadas co mar.

De entre o elenco de actores e actrices están Avelina Martínez, María Carmen Fernández, Moncho Rodríguez, Vicente Martínez, Lina Gallego, Olga Rodríguez, Jaime Villalón, Fina Cordeiro, Antonio Fandiño, Lino Santiago, Araceli Gato, Helena Rolo, José Saiz e Joaquín Calvar.

Díptico Ollos sobre o mar