Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra de teatro: «Made in Galiza»

O Centro Social do Mar acolle o 19 de maio a obra de teatro «Made in Galiza» de Sarabela Teatro, que se poderá ver ás 19 horas con entrada de balde ata completar capacidade.

Esta obra de Sechu Sende, que se poderá ver no marco do programa Falaredes da Xunta de Galicia, abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Un teatro con personaxes cos que se identificar e cos que transitar ao seu carón por diversas situacións. Made in Galicia aporta todo iso de xeito claro. A obra transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de Sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.