Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra de teatro: «Leonardo e os fontaneiros» de María Victoria Moreno

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar de Bueu acollerá este martes, 8 de maio, ás 19.00 horas, a adaptación teatral de «Leonardo e os fontaneiros», baseada nunha obra de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A representación, que está indicada para un público familiar, será de balde ata completar aforo. Combina diferentes técnicas como a narración oral, a dramatización e o teatro de sombras.

A adaptación foi realizada pola compañía Ubu Teatro e producida pola Editorial Galaxia. O texto adaptado baséase en flashbacks mediante os que van construíndo a historia de Antón e Begoña, dous compañeiros de clase que lembran, xa maiores, as aventuras do seu último ano de colexio.

A obra orixinal foi publicada por María Victoria Moreno en 1986. O espectáculo está deseñado para que o público, sobre todo o infantil, poida comprender a historia, que é presentada dun xeito moi novidoso e participativo.