Obra de teatro Invisibles
Evento xa rematado
-
Data
27 octubre, 2019
-
Hora
8:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A obra de teatro ‘Invisibles’, dirixida por Marián Bañobre, representarase o 27 de outubro, ás 20.00 h, no Centro Social do Mar de Bueu. O espectáculo, baseado no libro homónimo da xornalista vilagarciá Montse Fajardo, recolle as voces de sete mulleres vítimas da violencia machista co obxectivo de facernos reflexionar sobre o machismo estrutural imperante na sociedade. As protagonistas sofren violencia física, verbal ou emocional, e o obxectivo destes testemuños é visibilizar o que está oculto e demostrar que non hai patróns nin de vítimas nin de asasinos.
Coa participación das actrices galegas Neves Rodríguez, Mela Casal e Sheyla Fariña, esta obra de Redrum Teatro mereceu tres premios María Casares: Mellor Iluminación para Laura Iturralde, Mellor Adaptación/ Tradución para Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, e Mellor Dirección para Marián Bañobre; e foi gañadora no II Concurso de ideas Luísa Villalta de proxectos pola igualdade.
As persoas que desexen ver esta obra, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, poderán recoller convite gratuíto na billeteira do Centro Social do Mar o mesmo día da estrea a partir das 19.00 h.