Obra de teatro infantil «Conversas con Tana»
Evento xa rematado
-
Data
12 marzo, 2022
-
Hora
6:00 pm - 7:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
No marco da programación organizada polo Concello de Bueu con motivo do Día Internacional das Mulleres, o sábado 12 de marzo está prevista ás 18 horas no Centro Social do Mar a obra de teatro infantil “Conversas con Tana”, un espectáculo destinado a nenos e nenas de 5 a 12 anos, que conta a historia dun granxeiro e a súa cadeliña Tana que manteñen unha fluída e divertida conversa na que reflexionan, con humor e sensibilidade, sobre cuestións relacionadas coa igualdade de xénero, o fomento do hábito lector, o coidado e respecto polo medio ambiente, a saúde etc.