O Patrimonio sumerxido
Evento xa rematado
-
Inicio
10 agosto, 2018
9:00 pm -
Fin
12 agosto, 2018
1:00 pm
O Museo Massó organiza entre o 10 e o 12 de agosto unhas xornadas sobre «Patrimonio sumerxido», que constará dunha mesa redonda e obradoiros infantís.
O venres, 10 de agosto, terá lugar ás 21.00 horas a charla e mesa redonda sobre «O noso patrimonio cultural sumerxido» a cargo de David Fernández Abella, Ramón Patiño e Alejandro Martín.
O sábado, a rapazada de entre 5 e 7 anos poderá gozar do obradoiro «Os tesouros do galeón afundido» ás 11.30. E o domingo, organízase outro obradoiro titulado «Detectives nun mar de ánforas», tamén ás 11.30 horas, e dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Para participar nestas actividades gratuítas é preciso inscrición previa no teléfono 886 151 101, ou ben a través do correo museo.masso@xunta.gal.