«O avó que saíu da maleta» de Brais das Hortas
Evento xa rematado
-
Data
23 julio, 2019
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
O Concello de Bueu organiza todos os martes de xullo e agosto un programa de monicreques para levar a cultura por todos os lugares e parroquias do municipio. Así, o 23 de xullo, o Parque Ramal dos Galos acollerá a representación da obra «O avó que saíu da maleta» de Brais das Hortas. A obra, que se poderá ver a partir das 21.00 h, recrea contos, música, vacas, xigantes, furacáns tropicais e unha historia de amor entre dous homes.